VIII RUTA DO COCIDO 2019

FOTOS VIII RUTA DO COCIDO 209
 
 
FOTOS KM 5 VIII RUTA DO COCIDO

FOTOS KM 8 VIII RUTA DO COCIDO 
- O Cartel


Últimamente en cada ediciòn  queremos homenaxear encabezando O cartel da Ruta a un personaxe que de algunha maneira ten algo que ver con este evento. Este ano a elección non foi difícil, dicir que Manuel Montero é o compoñente máis veterano do Clube,e ten moita culpa que ano tras ano esta ruta se siga facendo E o primeiro en estar para limpiar os camiños,para  labores de marcaxe  , así como a final da mesma deixar o monte como o atopamos ou incluso mellor. Que non vos extrañe o día da ruta os seus 72 anos velo por algún carroucho da Ruta.ca súa bici. Gracias por estar sempre aí Manuel.

REGULAMENTO VII MARCHA DO COCIDO 2019
   1.- O Clube BTT Nocelo  Alta  Limia, organiza a   VIII Marcha do
Cocido, que terá lugar o domingo día 13 de xaneiro do 2019, tendo dous
percorridos que serán de 40 Km. (dificultade media) e 50 Km. (dificultade
media-alta), sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de
velocidade libre.  O  primeiro tramo estará neutralizado dende
a saída ata que o indique o director da marcha.
   2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran
axeitadamente o proceso de inscripción e sexan maiores de idade e os
maiores de 16 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten
autorización de pai, nai ou titor.
   3.- A inscripción farase efectiva a través da páxina web do Club (http://
http://bttnocelo.blogspot.com.es/)
A cota de inscripción será de:
Con comida: 20 €
Sin comida: 6 €

.       Dita cota dará dereito á participación na proba, e incluirá os
avituallamientos, duchas e lavado de bicis para todos os participantes
         O prazo límite de inscripción será o mércores día 10 de xaneiro
                                                                                         
As 24:00h.
Non se admitirán inscripcións o mesmo día da proba que non se
solicitaran con anterioridade mediante contacto coa organización, antes do
peche da inscripción.
Só serán considerados participantes, aqueles que pagaran a cota de
inscripción e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal
será facilitado pola organización.
   4.- A concentración e recollida de dorsais terá lugar a partir das 8:00 do
día 13 de xaneiro do 2019 no Pavillón Municipal de Trasmiras farase de
xeito individual, presentando D.I. e xustificante bancario de ter pagada a
cota de inscripción. A saída  efectuaráse as 9:15 h., sendo as 12:30 h. a
hora prevista de chegada para os primeiros participantes.
   5.- O emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do
dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva
adecuada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuito
da proba e atender ás instruccións da Organización. O Club non se fai
responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos
participantes, así como as débedas ou danos que por estes motivos puideran
contraerse durante a proba.O dia da proba antes da salida habera chocolate con bica para todos os participantes
Habera unha hora de corte ,que pora a organización para  facer a Ruta Larga. 
Recordamoslle a todos os participantes que se trata dunha proba NON COMPETITIVA. A participación na proba estará baixo a responsabilidade  e propio risco dos participantes.
  -O participante no momento da inscripción manifesta encontrarse físicamente apto para a proba.
 -Todo participante deberá levar de forma obligatoria e visible: o dorsal.
 -Todos os participantes deberán observar escrupulosamente  as disposicións sobre a Seguridade Vial e o seu Regulamento, xa  que a proba transcurre por zonas abertas o tráfico.

-A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidese ser víctima ou causa o participante, que deberá estar cuberto polo seguro propio ou o da proba.

-O participante exime a organización de responsabilidade por pérdida ou deterioro de obxetos persoais por calquer circunstancia.
VIDEO PROMOCIONAL


1 comentario:

  1. Ali estaremos meu fillo e mais eu como todos os anos....na primeira do ano.

    ResponderEliminar