lunes, 1 de octubre de 2018

III MARCHA CUALEDRO 20189


III MARCHA BTT CONCELLO DE
            CUALEDRO 2018
No día de onte, domingo, o Concello de Cualedro, celebrou a súa marcha BTT, e como non ,alí tiñamos que estar. O  equipo ó completo  desprazouse ata o Concello veciño.
Estiveron: O veterano ,Manuel Montero cos seus 70 anos ,aínda segue dando pedal coma un chaval, os Juniors, Xosé e José Manuel  na que ía ser a súa primeira marcha, Gabri e o seu irmán, Javi, Mingos , Vallejo e Pepe, é dicir que había verderóns por todos os lados. Era un día moi especial para dous compañeiros do Club ,xa que estaban de cumpleanos:”Vallejo” e  “Jose Manuel” Parabéns..
A mañá presentábase fresca pero xa sabiamos que cando pasaran uns kilómetros aquilo ía cambiar, as 9:30  o sr Alcalde despois dun breve discurso deu o pistoletazo de saída. Dicir que había personal de protección civil e cruz vermella por todos os lados, impresionante organización. Bravo.
O percorrido consistía de dúas distancias: unha corta de 35 kms e outra longa de 55 ,cada un optou pola que máis lle conviña . A  cousa quedou empatada 5 para a corta, e outros cinco para a longa.
Antes do primeiro avituallamento chegou o primeiro e único contratempo da mañá, xa que  o Junior Jose Manuel nunha baixada foiselle a bici e foi o chan, uns pequenos rasguños no cóbado, un pouco de auga milagreira e para diante, …
A ruta longa chegaba case á raia, pasando pola Xironda , un pobo que no seu tempo debeu ser  importante xa que é un dos máis grandes da contorna ,iso si,   como ocorre no resto do   rural sen case poboación. Ao   fondo divísase  o Lorouco , unha montaña máxica onde as haxa,so mirar   o que había que subir xa che daban gañas de dar volta ,pero aquilo xa non tiña marcha atrás ,e entre conversa  e conversa e  algunha parrafada con algún  que outro biker da ruta os kms foron pasando,. A  xente dos pobos  mostraba ledicia de ver pasar os Bikers , non deixaban de aplaudir, algún incluso nos invitaba á súa casa, a  probar o viño novo.. así da gusto…..
 O reloxo marcaba as 13:30, o astro rei estaba no seu máximo esplendor,e  os derradeiros Bikers do BttNocelo  chegaron a meta , a organización xa nos tiña preparadas unhas cervexas ben frías que baixaron polas nosas gorxas coma se  fora a primeira vez que tal cousa bebiamos.
So quedaba despedirnos ata próxima ruta que será o vindeiro domingo no Carballiño
Vémonos no monte…..




                                                                                                          Cronica: Nocelojar
Album de Fotos









jueves, 20 de septiembre de 2018

XI XUNTANZA BTT NOCELO 2018


·         Mércores  8 de agosto , celebramos a tradicional Xuntanza de BttNocelo, .Once anos pasaron xa dende a primeira edición.Decir que o percorrido deste  ano foi o mais  duro dos que levamos ata o de agora, subimos  ao cumio de San Mamede con 1650 m , e dende ali, ainda  faltarian 40 kms,.
·         A saida estaba marcada para as 8:30 , pero non seria ata as 9:00 cando  iniciabamos a marcha, non sin antes retratarnos para os diferentes fotogafos que nos acompañaban . Os primeiros  kms  foron de quecemento  . Pronto empezamos a tertulila  recordando as anedoctas de outras marchas ,chistes ,e algunha que outra broma… e decir o dia prometia . Acompañáronos por primeria vez a esta Xuntanza  Mikel Lopez,e os novos intregrantes do Club os Juniors : JOSE MANUEL  E, XOSE,o futuro esta asegurado. A primeira parada Albergueria ,donde  aproveitamos pa meter algo a boca e facer As primeiras trastadas.O camiño ata Prado  tibemos que afrontar con moita precaución xa que os camións que andan trabanllando para o AVE, salian de cualquer recuncho.Xa empezaba a quentar o sol cando estábamos nas faldas de San  Mamede, o  fondo o pobo de Rebordechao, a esquerda unha rampa de un 20% daba incio a 15 kms de subida…
·         Acabaronse as bromas, silencio total ,podias oir o latexo do compañeiro, cada un ia collendo o ritmo que mais lle conviña , e  pa facer mais epica a fazaña o astro rey empeza a lumear con forza…pero como se foramos gladiadores non nos rendimos e as 11:30 conquerimos o cumio, bravo bravo, .Auga auga decía algún, outro so quería descansar un pouco ,e tirarse o chan…Despois de reagruparnos todos, e facer o reportaxe fotográfico, afrontábamos unha expectacular baixada ata a famosa silla da Reina, lugar  ven fermoso por certo.,(Bo lo recomendo) que vistas…..
·         En  Soutelo Verde enchemos os nosos bidóns para afrontar os últimos repeitos , que despois dos kms acumulados que lebabamos nas pernas fixeronse duros, ou mellor dito moi duros, algunha que outra averia ,técnica, fixo que ata as 15:45 non chegaramos o punto de partida, donde nos estaba esperando un bo xantar….
·         Entre bromas,e  algún que outro agasallo para  algún biker, a xornada rematou . Dar as gracias ao Bar Limico po lo bo trato que tibo con nos,o amigo Vallejo por ise pedazo trofeo que fixo, os Bikers que ano tras ano siguen fieles a esta Xuntanza MARRA, JOSE ANTONIO, OTERINO,JOSE, MIKEL CARRAXO, GORKA, MANU, , MIKEL LOPEZ,MINGOS, JOSE MANUEL E XOSE, prometo  que para o ano  non serán mais de 50kms (ja ja ja) Vemonos no monte….
























lunes, 11 de junio de 2018

Reportaxe de BttNocelo no periodico o Sil

Temos que dar as gracias o periódico o Sil por incluimos no seu especial sobre os Clubes de BTT da provincia.

miércoles, 6 de junio de 2018

GRAN FONDO GERES 2018

GÊRES GRAN FONDO 2018
Domingo 3 de Xuño de 2018
Toca levantarse cediño como xa case estamos acostumados para facer o que mais nos gusta, sair na bici… Pero esta vez era diferente… Ibamos estrenarnos nunha marcha cicloturista. Como vos amantes da bici que somos, de vez en cando tamen facemos algo de carretera polo que decidimos aceptar un novo desafío por primeira vez cas nosas “flacas”. E non era un desafío calquera, nada mais nin nada menos que o Gêres Granfondo. Dende o primeiro momento que oímos falar del non o pensamos dúas veces e apuntámonos e así xa non había volta atrás. Desta vez solamente dous integrantes do Clube, Pepe Nocelojar e Javi, moi ben acompañados polos nosos amigos, Angel de Verín e Freire de Monforte. Pouco máis de unha hora de camiño nos separaba de Vila do Gêres e a ventaxa de ser unha hora menos por ser en Portugal fixo que o madrugón non fose moito.
Pero, o día pintaba moi mal, as previsións eran de choiva e a auga mezclada ca bici de carretera non é nada recomendable… Pero en fin, ala fomos, de todas formas o Xurés ten microclima, dixemos…
Logo de pasar a fronteira pola zona de Lobios, concretamente Portela do Home, empezamos a baixar hacia o pobo portugués onde sería a saída. A nevoa era cada vez mais pechada e seguía chovendo. Aparcamos os coches e o sair xa nos demos conta que a cousa iba ser pasada por auga, asique recollemos os dorsais e, por suposto, os chubasqueiros… O pobo estaba totalmente colapsado polas bicicletas e todo xiraba en torno a marcha, as calles cortadas e a principal ocupada totalmente pola liña de saída e tampouco había moitas mais. Os coches aparcados por todas as esquinas e unha chea de coches de apoio, guardias motorizados, bombeiros, ambulancias… parecía que estábamos na Volta a España!
As 10 da maña, hora española, deu comezo a proba. Seguia chovendo e a neboa non levantaba. Os primeiros kms neutralizados ata sair do pobo e baixando… todos en pelotón e chovendo había que levar moito coidado de non cometer errores xa que a cousa estaba moi perigosa, os freos apenas funcionaban e o chan estaba moi esbaradizo. Moi malas sensacións nos primeiros kilómetros… Afortunadamente parou de chover e ainda que seguía moi encapotado a chuvía deunos un respiro e, pouco a pouco, a carretera foise secando e o pelotón espallándose e as sensacións empezaron a mellorar.
Asi foron transcurrindo os primeiros 50 kms, sen apenas subidas, case parecía un paseo. Pero todos íbamos gardando forzas porque xa sabíamos que a cousa cambiaría en breve… Chegamos así o primeiro avituallamento onde nos esperaba unha charanga con música para amenizar aquela “orxía” de comida. Dúas persoas cortando xamon, frutas, dulces, membrillos, sanwiches, e bebidas de todo tipo. Enchemos ben a barriga e ala fomos, empezaba o Gran Fondo… Nos primeiros kms fixemos un acumulado de apenas 500 mts e logo na ascensión o Monte de Sta Isabel de 9 kms coronamos con mais de 1200mts de acumulado…duro, duro… Un porto cunha pendiente media dun 7% pero que por momentos chegaba a 9, 10 e incluso 14, cousa que xa se encargaba a organización de ir decindo cada kilómetro con sinais que non facían mais que agobiarte pensando no que che quedaba. Cada un fomos collendo o seu ritmo
e eu incluso tiven que facer a técnica do “ciclista borracho”, subir en zig-zag para poder coller algo de cadencia e poder aguantar ata arriba.
Logo de coronar quedábanos o consolo de que había unha boa baixada para poder descansar as pernas e así foi, polo que se podía oir, este era o puerto mais difícil polo largo que era, agora os que quedaban eran mais curtos pero moi intensos tamén. Quedaba moito por diante…
O final da baixada, sen tempo de nada mais xa comezamos a subida as Cerdeiriñas, desta vez eran “solo” 5 kms con un desnivel medio de 6.6% casi nada… Aquelo parecía unha procesión de Semana Santa, as caras da xente empezaban a denotar moito cansancio e moitos incluso botaron pé o chan para poder subir. Non foi o caso de ningún de nos xa que todos conseguimos subir na bici, eso si, cada un o seu ritmo… No alto estaba esperándonos outro descanso con comida para repoñer forzas e continuamos durante uns 10 kms con lixeira baixada e falso llano, atravesamos cantidades de povos onde a xente se amontonaba nas aceras para animar, dende o povo mais grande ata o mais pequeno sempre había alguén disposto a dar ánimos, increíble.
Outro repecho máis, o Fafiao, uns 2 kilómetros con un 10% de desnivel, sin tregua, sin descanso… con rampas no medio que en algún caso alcanzaban o 17%... era como subir o Everest , canto sufrimento en tan pouco tramo. As pernas cargadas de tanto esforzo e o corazón a mil e inda quedaba máis!
Ainda así había tempo de disfrutar das vistas espectaculares que nos ofrecía o lugar, atravesando varios embalses nas baixadas e logo nas subidas as impresionantes vistas do Xurés e daquelas maravillosas terras portuguesas…
Outro avituallamento no alto do Fafiao e baixadiña para relaxar as pernas e prepararse para o último pico, a Hermida, desta vez eran 3 kms con un desnivel medio de 6.6%. Despois do que levábamos subido case parecía llano, aquí si que aproveitamos para sacar algunha que outra foto xa que as vistas merecían pararse a contemplar un ratiño e descansar. Coronamos no km 104 e agora xa solo quedaban 10 para a meta, algo de baixada e volvemos para o punto de partida no que os últimos dous kilómetros eran en falso llano e fixéronse ainda bastante longos despois de que como viña o corpo. Entrada espectacular en meta onde a xente aplaudía e animaba a todo o mundo e co speaker dando os últimos folgos os bikers, recollemos por fin, a medalla de Finishers do Gêres Granfondo 2018, despois de 6 horas, 113 kms e mais de 2400 metros de acumulado, case nada tratándose dunha cicloturista.
Xa solo quedaba comer para repoñer forzas, facer as fotos de rigor pola zona de pódium, darse unha boa ducha e disfrutar do ambiente de mais de 1800 participantes que había neste ano nunha das marchas que quedará grabada nas nosas retinas. Todo o que nos contaran era certo, solo queda quitarse o sombreiro ante unha organización tan sorprendente como ésta nun paraxe expectacular que solo invita a voltar o ano que ben. Alí nos vemos!