martes, 9 de abril de 2013


3ª Ruta do Hospital de Chaves

Xa ven sendo unha tónica que as rutas deste ano sexan todas cos camiños embarrados, máis non importa, iste é MTB na súa máis pura esencia, a ruta deste ano estivo ben, cunha boa organización, se cadra un pouco máis de previsión a hora da comida, ainda que hay que decilo todo, comer comemos bastante ben.

As bicicletas sufren nestes terreos, e mais dun tivo problemas cos cambios, o percorrido foi moi espectacular, con zonas de paso moi complicadas con auga, bulleiro, pedras e baixadas preciosas. Os amigos de Chaves saben escoller os percorridos, por eso os nocelos nunca faltamos as súas citas.

Hasta  voltar por esas terras irmáns, mandámoslles un saudo.









domingo, 24 de marzo de 2013

2ª Ruta de Palmés




Hay retos que si non te matan, fortalecente; e coido que iste é un dises; xa me falaran da proba, pero non me imaxinaba a súa dificultade, soio comparable coa súa beleza, vamos desas que non se esquecen...
a proba estaba magnificamente sinalada, e a organización volcouse en que todo saise perfectamente, a comida foi  abondosa, ainda que algún dos nocelos, parece que quedou algo famento; soio así se explica o tremendo bocata que se mandou o final... !!!nin que non che desen de comer na casa!!!.
Normalmente nas probas hay; algunha trialera, algún paso dificultoso, algunha subida máis complicada; eiqui como non podía ser menos, tamén; soio que  deso había para dar e tomar, trialeiras todas...., subidas dificultosas a esgallo..., descansos os que cada un se agenciaba como podía. E bulleiro, era eiqui onde tiñan a patente..., máis o dificil fainos máis fortes, e desta ruta saímos con brios suficientes para moito tempo.
Queremos deixar patente o noso máis sinceiro agradecemento a "Asociación de veciños de Palmés", a súa "Presidenta"  tan agarimosa; é o "CC Dúas Rodas" por todo o esforzo realizado, e felicitalos pois a organización foi francamente estupenda.















miércoles, 20 de marzo de 2013

Ruta do Bulleiro
Hai xente que cando lle das un caramelo...; volvense irracionais, vamos coma si fosen criaturas; e non pensedes que  están na pubertade; son homes feitos e dereitos, afeitanse todos, e logo teñense por serios, vaia por Dios.
Foron cara Allariz, ahi o lado; nada do outro mundo e subiron unha costñas, logo baixaron por unhes camiños, vamos o de sempre; din que había bulleiro; non digo que non, co que choveo, e ali os tedes, revolcados na maseira, tirados polo chan; e logo din que eso é BTT,  Cairon de reventadiños que iban, e sobor de todo cando se lembraron da subida que lles agardaba; algún tivérono que remolcar, menos mal que o chegar o San Beito de Sandiás, ofrecéronse todos e a cousa non foi a máis.
Físicamente vexoos bé, ainda que da testa.... eso xa é outro cantar.
Bueno o caso e que os sacamos  a pasear e coido que non o pasaron mal.
Felicidades, e a coidarse que a cabeza xa vai ...








domingo, 3 de marzo de 2013

Ruta das cuatro Torres

Ruta realizada o 3 de marzo de 2013, e como esta pero con algunhas variantes, como a subida o pobo de Santo André, que nos levou o amigo Oterino. Saímos dende a Fonte Vella (Vilar de Santos)cara a aldea se Saa; de ahi cara o alto de San Benito de Uceira, despois cruzamos a chaira cara a subida a 2ª Torre, a do Castro (Sandiás), despois cruzamos a chaira cara a subida a 2ª, a de Pena; baixamos cara Xinzo por parte da Ruta Franciscana e imoso caron do Rio Limia, ata a 3ª a da Forxa (Porqueira), desviámonos un pouco, para ver a fervenza do Fírbeda, dalí baixamos cara Ponte Liñares, fomos pola falda do monte ata Congostro outra vez, e dende ahí por sendeiros e ata a Sainza, onde collemos a carretera rural o punto de inicio.