lunes, 2 de septiembre de 2013

1ª KDD os Biciclistas en Piñeira Seca


O día 29 de Setembro os amigos da peña Os Biciclistas organizan unha kdd no pobo de Piñeira Seca, a que  os BTT Nocelo non pensamos faltar. Ademais do percorrido que será especial, pois percorre o noso territorio da Limia;  a comida,  parece,  vai ser fastuosa,  haberá polvada e manxares da terra, vamos para recuperarse de sobras.
 Teredes máis información na páxina: 


martes, 27 de agosto de 2013

Paseo dos Castros en Cualedro


A tarde do sábado día 24 de Agosto, saimos a rodar co club Btt Verin polas terras do concello de Cualedro, a ruta estaba organizada para facer unha visita ao fermoso Castro se San Millao, que se atopa nunha paraxe privilexeada, cunhas fermosas vistas a veciña Portugal. Por desgracia os amigos do mechero voltaron a sair o monte, para practicar o seo deporte favorito, a queima do patrimonio vexetal desta nosa fermosa Galicia, e que con mais forza si cabe, afecta como unha pesada lacra a esta zona da provincia de Ourense, A ruta celebrouse igualmente, pero o que iba a ser contemplación da fermosura da paisaxe, pasou a ser un espectáculo de como actuan os medios de loita contra incendios, e como o lume vai devorando a natureza paisaxística desta nosa terra. Poe eso, queremos dende eiqui, dar un berro de !!!BASTA XA!!!, e esixir que os que sin ningún tipo de contemplación, saen o monte coa idea de queimalo, cando sean detidos caiga sobre eles todo o peso da xusticia, sin ningún tipo de benevolencia. Dende esta páxina, nós comprometémonos a colaborar coa súa denuncia, e que sepan os delincuentes do mechero, que este grupo na medida do posible será vixiante do patrimonio de todos.

lunes, 1 de julio de 2013

VII XUNTANZA NOCELO DA PENA 2013




Trak da ruta:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3866669


Eran a 9.30 da mañan cando  un puñado de bikers  puñamos rumbo o Alto de San Mamed, trascurriron os primeiros km por  os camiños  empedrados de Nocelo , a maioria   xa casi cerrados por as silvas,Pronto chegou a primeira  subida , onde o de tres cantos "manolo" quixo  chegar en primeira posiciom. En Albergueria estabanos esperando o amigo Andres, pa facer con nos o resto da ruta ,baixando pa Prado chegou o primeiro pinchazo ,o amigo roberto  fixo de mecanico....Camiño do pobo da Hermida o Benxamin do grupo Gabriel , votou pe a terra dixo que para il xa era de abondo , despois de despedilo  continuamos percorrido, o fondo as ladeiras de san mamede. Antes de chegar a REBORDECHAO parada obligada para coller auga , e meter algo para o corpo,   O primeiro repecho e duro duro  e encima o o astro rei que facia  a sua aparicion,  facia ainda mais dura a ascension ,  o peloton rompeuse  en dous por adiante  os Ote Antonio  Andres Marrra Manu, intentaban chegar os primeiros a cume , e pòr atras un rosario de corredores, Roberto , paco , javi, tito,un servidor   Valerio,  o fondo de todo co a bicicleta por a man Manolo, eu non sigo mais..................decia !!!!!!!!!!!!!!!!!!entre todos conseguimos animalo para que seguira,  a frase da xornada    SABES CONTAR..............POIS A PROXIMA VEZ NON CONTES CONMIGO,.despois de pasar moito calor e sufremento chegamos a cima onde o grupo cabezeiro xa estaba farto de esperarnos,. foto  de grupo no alto , e 15km de baixada, onde algun por non rayar a bici quedou feito un cromo,En albergueria esperabanos un bo manxar  a base de churrasco ,empanada , e ensalda feita por Ote , sin olvidarno do VIÑO E LICOR,O final todos ledos chegamos de novo a Nocelo onde ainda tivemos  tempo pa tomarnos un cafe , e comentar as anedocta da ruta, espero que o pasarades ven xa que isa foi a intencion e a cabeziña xa esta traballando na proxima edicion






PODEDES VER O RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO  NO SEGUINTE ENLACE