GÊRES GRAN FONDO 2018
Domingo 3 de Xuño de 2018
Toca
levantarse cediño como xa case estamos acostumados para facer o que mais
nos gusta, sair na bici… Pero esta vez era diferente… Ibamos
estrenarnos nunha marcha cicloturista. Como vos amantes da bici que
somos, de vez en cando tamen facemos algo de carretera polo que
decidimos aceptar un novo desafío por primeira vez cas nosas “flacas”. E
non era un desafío calquera, nada mais nin nada menos que o Gêres
Granfondo. Dende o primeiro momento que oímos falar del non o pensamos
dúas veces e apuntámonos e así xa non había volta atrás. Desta vez
solamente dous integrantes do Clube, Pepe Nocelojar e Javi, moi ben
acompañados polos nosos amigos, Angel de Verín e Freire de Monforte.
Pouco máis de unha hora de camiño nos separaba de Vila do Gêres e a
ventaxa de ser unha hora menos por ser en Portugal fixo que o madrugón
non fose moito.
Pero, o día pintaba moi mal, as previsións eran
de choiva e a auga mezclada ca bici de carretera non é nada
recomendable… Pero en fin, ala fomos, de todas formas o Xurés ten
microclima, dixemos…
Logo de pasar a fronteira pola zona de
Lobios, concretamente Portela do Home, empezamos a baixar hacia o pobo
portugués onde sería a saída. A nevoa era cada vez mais pechada e seguía
chovendo. Aparcamos os coches e o sair xa nos demos conta que a cousa
iba ser pasada por auga, asique recollemos os dorsais e, por suposto, os
chubasqueiros… O pobo estaba totalmente colapsado polas bicicletas e
todo xiraba en torno a marcha, as calles cortadas e a principal ocupada
totalmente pola liña de saída e tampouco había moitas mais. Os coches
aparcados por todas as esquinas e unha chea de coches de apoio, guardias
motorizados, bombeiros, ambulancias… parecía que estábamos na Volta a
España!
As 10 da maña, hora española, deu comezo a proba. Seguia
chovendo e a neboa non levantaba. Os primeiros kms neutralizados ata
sair do pobo e baixando… todos en pelotón e chovendo había que levar
moito coidado de non cometer errores xa que a cousa estaba moi perigosa,
os freos apenas funcionaban e o chan estaba moi esbaradizo. Moi malas
sensacións nos primeiros kilómetros… Afortunadamente parou de chover e
ainda que seguía moi encapotado a chuvía deunos un respiro e, pouco a
pouco, a carretera foise secando e o pelotón espallándose e as
sensacións empezaron a mellorar.
Asi foron transcurrindo os
primeiros 50 kms, sen apenas subidas, case parecía un paseo. Pero todos
íbamos gardando forzas porque xa sabíamos que a cousa cambiaría en
breve… Chegamos así o primeiro avituallamento onde nos esperaba unha
charanga con música para amenizar aquela “orxía” de comida. Dúas persoas
cortando xamon, frutas, dulces, membrillos, sanwiches, e bebidas de
todo tipo. Enchemos ben a barriga e ala fomos, empezaba o Gran Fondo…
Nos primeiros kms fixemos un acumulado de apenas 500 mts e logo na
ascensión o Monte de Sta Isabel de 9 kms coronamos con mais de 1200mts
de acumulado…duro, duro… Un porto cunha pendiente media dun 7% pero que
por momentos chegaba a 9, 10 e incluso 14, cousa que xa se encargaba a
organización de ir decindo cada kilómetro con sinais que non facían mais
que agobiarte pensando no que che quedaba. Cada un fomos collendo o seu
ritmo
e eu incluso tiven que facer a técnica do “ciclista
borracho”, subir en zig-zag para poder coller algo de cadencia e poder
aguantar ata arriba.
Logo de coronar quedábanos o consolo de que
había unha boa baixada para poder descansar as pernas e así foi, polo
que se podía oir, este era o puerto mais difícil polo largo que era,
agora os que quedaban eran mais curtos pero moi intensos tamén. Quedaba
moito por diante…
O final da baixada, sen tempo de nada mais xa
comezamos a subida as Cerdeiriñas, desta vez eran “solo” 5 kms con un
desnivel medio de 6.6% casi nada… Aquelo parecía unha procesión de
Semana Santa, as caras da xente empezaban a denotar moito cansancio e
moitos incluso botaron pé o chan para poder subir. Non foi o caso de
ningún de nos xa que todos conseguimos subir na bici, eso si, cada un o
seu ritmo… No alto estaba esperándonos outro descanso con comida para
repoñer forzas e continuamos durante uns 10 kms con lixeira baixada e
falso llano, atravesamos cantidades de povos onde a xente se amontonaba
nas aceras para animar, dende o povo mais grande ata o mais pequeno
sempre había alguén disposto a dar ánimos, increíble.
Outro
repecho máis, o Fafiao, uns 2 kilómetros con un 10% de desnivel, sin
tregua, sin descanso… con rampas no medio que en algún caso alcanzaban o
17%... era como subir o Everest , canto sufrimento en tan pouco tramo.
As pernas cargadas de tanto esforzo e o corazón a mil e inda quedaba
máis!
Ainda así había tempo de disfrutar das vistas
espectaculares que nos ofrecía o lugar, atravesando varios embalses nas
baixadas e logo nas subidas as impresionantes vistas do Xurés e daquelas
maravillosas terras portuguesas…
Outro avituallamento no alto do
Fafiao e baixadiña para relaxar as pernas e prepararse para o último
pico, a Hermida, desta vez eran 3 kms con un desnivel medio de 6.6%.
Despois do que levábamos subido case parecía llano, aquí si que
aproveitamos para sacar algunha que outra foto xa que as vistas merecían
pararse a contemplar un ratiño e descansar. Coronamos no km 104 e agora
xa solo quedaban 10 para a meta, algo de baixada e volvemos para o
punto de partida no que os últimos dous kilómetros eran en falso llano e
fixéronse ainda bastante longos despois de que como viña o corpo.
Entrada espectacular en meta onde a xente aplaudía e animaba a todo o
mundo e co speaker dando os últimos folgos os bikers, recollemos por
fin, a medalla de Finishers do Gêres Granfondo 2018, despois de 6 horas,
113 kms e mais de 2400 metros de acumulado, case nada tratándose dunha
cicloturista.
Xa solo quedaba comer para repoñer forzas, facer as
fotos de rigor pola zona de pódium, darse unha boa ducha e disfrutar do
ambiente de mais de 1800 participantes que había neste ano nunha das
marchas que quedará grabada nas nosas retinas. Todo o que nos contaran
era certo, solo queda quitarse o sombreiro ante unha organización tan
sorprendente como ésta nun paraxe expectacular que solo invita a voltar o
ano que ben. Alí nos vemos!