domingo, 11 de septiembre de 2011

Ruta do Marroqui


Comezamos a ruta na estacion de Prado-Alberguería, tres bikers JULIAN,VALERIO, PEPE, deixamos o coche, e dende alí empezamos  a  ruta camiño de Tamicelas, Laza, donde collemos  provisions, saindo do pobo de Laza, enlazamos co camiño da prata, que transcurre entre piñeiros, castiñeiros, e  un pobo fermosisimo que se chama as "Eiras", donde fixemos paradiña,  aproveitamos par repoñer forzas e saudar algun peregrino que estaba facendo o camiño de Santiago.
Despois de unhas fotos xa que a paisaxe era de postal, seguimos a ruta ata a cruz de Camba, que continua empinándose, entre risas e fotos chegamos a cima; como manda a tradicion, deixamos unha pedra  o pe da cruz, e pedimos un deseo.
O camiño ata Cerdedelo  e fermosisimo trascurre a veira da via do tren, e lévounos ata o medio do pobo, onde  aproveitamos para facer un alto e repor forzas.  
De Cerdedelo ata estacion de Prado, ( creo que as fotos o dicen todo), cada recuncho que mirabas  parecía mais  fermoso, eran as 3 da tarde e por fin chegamos o punto de partida,  ledos de pasar un gran dia  e de descubrir uns paisaxes ineditos para nos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario