domingo, 25 de septiembre de 2011

Ruta de Paradiña


Paradiña e un pobo do Concello de Monterrei que leva abandoado dende fai unhes 40 anos, a última moradora tiña certas dotes de curandeira é parece ser que dandolle unhas fregas coa auga da fonte que alí mana debaixo da ponte, os nenos curabanse do tarangaño; "Fonte dos tres rios" onde confluyen tres regatos, de ahi o seu nome.
Paradiña ainda que politicamente pertenece o concello de Monterrei, forma parte da parroquia de Rebordondo no concello de Cualedro.

E unha pena que este enclave se atope a piques de desaparecer, poseee varias casas das que se consevan os seus muros, e unha pequena capela. todo elo situado nunha paisaxe espectacular.

A nosa ruta comeza o domingo día 25 de septembro as 9 da mañ, con cinco roteiros: Valerio, José, Roberto, Vallejo é Julian. pero para sorpresa nosa o cabo de un rato da partida demonos conta de que nos seguía un novo roteiro Pepe, Un pastor alemán" que ainda que tentamos por todolos medios despistalo non o conquerimos.

Logo fomos o merendeiro que está máis arriba perto do pobo das Mercedes paramos a beber, e rumbo cara Baldriz, ali novamente paramos a visitar un espectacular Freixo  nun enclave fermosisimo, dali comenzamos a baixada cara Paradiña, a baixada e fermosa e polo camiño atopamonos cunha batida de Xabari, chegamos a Paradiña, onde fixemos unha  parada admirar o enclave  e comer unhes bocadillos.

 O Pepe xa mostraba signos de cansancio e tivemos que darlle parte da comida xamón e pan, e aproveitou para bañarse no rio; dende alí comenza unha dura subida a Rebordondo, e a partir dalí e durante algún Km. ascendemos polo camiño de Santiago hasta Penaverde, forte subida que algún ten que facela a pé, Dende Penaverde vamos hasta o campo de fúbol de Cualedro e dende alí, polo chamado camiño de Atás, camiño usado polos veciños deste pobo cando viñan a Cualedro, baixamos a Villaderrei, para logo terminar en Escornabois novamente, despois de cinco horas de rodaxe.


Felicidades a Pepe pola sua resistencia dende agora e un membro máis do grupo.

1 comentario:

  1. claro que si, a verdade que temos un paisaxe invia¡diable , haber se no veran se te animas a facer unha rutiña con nosco saudos

    ResponderEliminar