domingo, 16 de octubre de 2011

II KDD de Laza

Era esta vez unha cita ineludible pola súa beleza, a zona de Laza nunca defrauda, levantámonos cedo, uns máis ca outros. No punto de encontro en Xinzo ás 7,45 estabamos todos, fomos a buscar a Valerio, é dalí partimos rumbo a Laza, desta vez eramos 4 roteiros: Valerio, Poldo, José e Julian. Chegamos a Laza; alí estaban os esforzados da ruta de outros lados, en total eramos uns 100. As bicicletas a punto, o tempo ainda que algo fresco aquela hora; prometía un bó día.
 Partimos raudos e veloces perto das 9.30; o camiño con moita polvoeira e sen desacougo levounos hasta o povo das Eiras, ali faltaban dous membros; logo soupemos que Valerio pinchara e Poldo quedarase a axudalo; seguimos subindo ata a o primeiro avituallamento, e agardamos por eles.
 A seguinte meta era chegar a "Silla da Raiña" empezamos unha subida mais levadeira ca anterior, e logo dun treito de asfalto, subimos por un camiño con lixeira pendente deica o famoso lugar, despois de 10 Km máis ou menos chegamos a paraxe, pareceunos fermosisimo, cunhas vistas inmellorables, que daban por ben feito todo o esforzo realizado. 
A partir dalí comenzaba o regalo da baixada, espectacurar, que non paraba hasta Laza, ainda que con un novo pinchazo de Valerio, solucionado deseguida polo noso equipo de mecánicos, Poldo e José.
 Por fin despois de moito gozar e algo de sufrimento, chegamos a nosa meta donde nos esperaba o regalo dunha boa comida; durante esta coñecimos a un grupo de amigos de Esgos e Niñodaguia os cales fixeron que disfrutasemos todavía máis da sobrosas viandas, queremoslle lembrar ca oferta que fixemos de slir algun día xuntos sigue en pé, unha aperta para eles.
 E como non agradecer o bo trato e toda a cordialidade da xente da organización, que fixeron que nos atopasemos a gusto en todo momento; gracias, moitas gracias, e esperando voltar. 
Tamen queremos denunciar a triste realidade que vive a nosa terra, os "Incendios Forestais" o cancro da nosa natureza, e francamente triste como día a día se vai perdendo o noso patrimono, recorremos uns lugares que poida que en pouco tempo desaprezcan na sua plenitude, basta xa...


3 comentarios:

  1. Estos tios son a leche, van de marcha o dia anterior e logo queren rendir coma os demais, manda ca...

    ResponderEliminar
  2. Moi bonita a ruta , o malo e que parte do paisaxe que vimos , xa non o poderemos disfrutar, xa que esta todo queimado por os incendios, que pena!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Tivemos o dudoso privilexio de ser os últimos en disfrutar desa ruta por moitos anos, espero que os terroristas do mechero teñan in poco de compasión e nos deixen algo para disfrutar da natureza

    ResponderEliminar