domingo, 2 de octubre de 2011

Ruta de Allariz

Nova ruta do grupo, esta vez  eramos sete os membros; dirixindonos caras  terras de Allariz saimos de Xinzo a eso das 9 da mañá, e despois de llanear pola zona da Laguna, fomonos cara Vilar de Santos donde comezava o sufrimento, subimos polo camiño que leva a Cerredelo , e dalí encamiñamonos a Laioso, non sin o primeiro pinchazo do día, en Laioso paramonos na fonte para repoñer auga e as forzas.

Dali partimos cara zona de  Penamá, ainda que non subimos o alto,  comenzando unha baixada ESPECTACULAR:  “tanto polo recorrido en sí, como pola natureza que nos rodeaba” .
 No descenso una nova averia,  logo de chegar a Allariz paramos para volver a repoñernos, e prepararnos para o inferno da subida, para uns mais inferno que para outros, chegamos arriba e atravesamos a autovía por un burato sin fin, vamos unha especie de alcantarilla.

Despois encamiñamonos cara San Benito da Ouceira, algún o santo debelle algo, sobre todo polo esforzo realizado, todo o que iste milagreiro santo lle de será ben ganado. Por último dali retornamos a Xinzo non sin dificultades añadidas debido o esforzo acumulado.









No hay comentarios:

Publicar un comentario