domingo, 11 de marzo de 2012

Ruta Laza Marroqui Laza

Soa o despertador, toca levantarse, o primeiro que facemos é  sacar a man fóra da ventá para ver que tempo vai. Se non soubéramos que estamos no inverno, ninguén o diría,  o ceo está  todo azul e a temperatura ás 9 da mañán  non é fria. Decidimos coller   a equipacion de verán, almorzamos nun abrir e cerrar de ollos, e con puntualidade  Inglesa partimos cara terras de Laza. 

Fomos polos camiños ,como se diría antigamente  de" carros", é dicir por :   Lodoselo, Freande, Alberguería, para que non se nos fixera máis monótono o camiño. Cando chegamos a Laza xa estaban esperando os amigos de  BTT VERIN, despois de baixar as monturas nun periquete , puxémonos en marcha. Os primeiros kilometros a xente queixábase do frío , pero foi chegar as primeiras costas ,e aquilo cambiou. A primeira parada as Eiras, onde pasamos un bo rato , xogando cuns bichiños que lles chaman a  "procesionaria", cando,  de  fondo se escoita unha voz: "non lle toquedes que despois énchese o corpo de feridas",  as  Eiras é unha  aldea típica do rural galego, por moitas voltas que des por ela non ves a ninguén. Entre chistes e risas chegamos a Cerdedelo , onde nos esperaba unha sorpresa moi agradable. Paramos na fonte do pobo , para repoñer líquidos, cando, de súpeto, se acerca un paisano do lugar e abraiado de ver tantas bicis no seu pobo ,nos invita a tomar Sidra na súa  adega, nós ao principio tomabámolo a coña, como que Sidra?...
Ata que o mais festeiro do grupo di: - Vamos!  Veña, vamos . E foi así que marchamos por un camiño estreito cara enriba do pobo,  entramos nunha adega que estaba chea de barrís de sidra,
Quedamos todos abraiados do bo sabor que tiña, nada que envidiar á de Asturias .Despois de agradecer aquel xesto ao paisano , collemos de novo as monturas, para  facer o último treito da ruta , cunhas vistas impresionantes, estoume a referir á chamada "RUTA DO MARROQUI", pero non sei que pasou se sería da sidra, que os ollos non vían as pedras xa que nese treito tivemos nove pinchazos.  Que vos hei de contar da ruta do Marroquí que non saibades. Por moitas veces que pase por ela non me deixa de impresionar a súa paisaxe , á esquerda deixamos a aldea de Correchouso, da que dícian os nosos antergos que cando se fixo a vía do tren tiña moita vida. A baixada ata Laza foi nun cerrar e abrir de ollos , e coma quen non quere a cousa xa estabamos en Cima de vila , para voltar ao punto de partida . Despois de ducharnos no Pavillon de Deportes, fomos cara  Souteliño ónde nos esperaba un exquisito xantar en "casa Elena"  , que dito sexa de paso vo-la recomendo, xa que  o sitio  ten un encanto especial. Se disfrutamos na bici , que  dicir cun churrasco diante ,  xa que entre risas e bromas nos deron as 4,  hora de marchar , cunha aperta saudamos  todos , co proposito de volver a  vernos noutra ruta e disfrutar da nosa aficción .



No hay comentarios:

Publicar un comentario