domingo, 20 de octubre de 2013

IV KDD de Laza

     Un ano máis acudimos a chamada dos amigos de Laza, para participar na ruta que organiza o amigo Ñaca, e que sempre nos asombra pola espectacular beleza da paisaxes que percorre, iste ano ameazaba choiva e niebla; máis o final todo se quedou soio nunha simple amenaza,o que nos permitio disfrutar da ruta sin alteracións climatolóxicas.

      É para todos nós unha satisfación ver como ruta tras ruta, se van incorporando novos amigos, engrosando sin parar o número de practicantes deste bello deporte, que permite a contemplación tan de cerca da natureza que nos rodea, como é o caso desta maravillosa ruta.

      A organización foi moi boa e a ruta moi fermosa, cada ano nos sorprende polas paraxe que descubrimos, desa privilexiada terra de Laza; pese a que moitos se empeñan en destruila, sigue sendo coma sempre; sabendo rexurdir das fendas que outros lle ocasionan.

     O remate final foi no povo de Souteliño, no establecemento "Casa Elena", un pequeno restaurante cheo de encanto, que dende eiqui queremos recomendar, pois está cheo de encanto é cunha moi boa atención por parte da súa dona.

     Gracias Ñaca e gracias amigos de Laza por darnos a posibilidade de disfrutar de xornadas coma esta.























No hay comentarios:

Publicar un comentario