martes, 15 de octubre de 2013

RUTA BTT ALLARIZ

       Ainda non rompera o día, mentras 14 bikers, xa estaban preparados na praza   Maior de Xinzo para disfrutar dunha xornada de puro mountainbike. Ao lonxe na rua da movida limian ainda quedaban algúns festeiros  que non tiñan gañas de ir a cama,  mirabannos como se fósemos bichos raros.
       Mestre de ceremonias o Sr Vallejo, para chistes o Sr Roberto, de lebre o Sr. Marras, fotógrafo o Sr. Pepe, non faltaron a cita, os novos do grupo: Alberto,Javi,e Mingos;  Tamén nos acompañaron  Ricardo,  Oscar,  Manu, Fran, David, Pio e lucindo perna  Carballal.
       Pronto iban a chegar os pinchazos, e coa mente en todo momento posta na impresionante subida do   25% , que según nos decía o Vallejo , so a deu subido dúas veces.
       Rumbo o monte de Penamá, a primeira baixada do día; algún quixo limpar o  camiño e levou por diante  un silveiro; como  consecuencia fíxo unha tatuaxe na perna, pero nisto da improvisación non hai quen nos gañe e cosémolo sen anestesia, cun pincho de toxo  (é broma ja ja ).
      A baixada ata San Salvador  foi expectacular, ainda que parecía a Gran Via Madrileña, con  xente  as setas,  facendo senderismo, en bici; e velahí...nun lóstrego chegamos a Vila de Allariz, onde por uns carrouchiños cheos de auga puxémos rumbo a Xinzo, alí esparaban as respectivas parellas e fillos , pa disfrutar dun bo xantar , e dunha fermosa sobremesa.
      Xa ven entrada a tarde despedímonos coa proposta de repetilo máis a cotio.









    O RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO NO SEGUINTE ENLACE
https://picasaweb.google.com/115416671672166871764/SaidaAllariz#

No hay comentarios:

Publicar un comentario