martes, 13 de mayo de 2014

Ruta a o Larouco

Ainda estaban as rúas da Vila de Xinzo en silencio, cando 8 amigos de BTTNOCELO, puxéronse rumbo  a Serra  do Larouco, por diante esperábanos unha ruta intensa e longa de Montain BIKE.Os primeiros kilómetros foron moi amenos , xa que había que contar  o trascurrir da semana..En Faramontaos comezaba a primeira petada, iso si; cunha paraxe espectacular a veira do rio, ata  a presa de Gudin, onde nos agardaban o amigo Roberto e Raul.
Os primeiros kilometros da ascensión son levadeiros , a  saída trascurría con  armonia e algunha que outra broma, que e do que se trata,  pasalo ben e rirnos un pouco.
 Xa nos metros finais a algun quíxolle entrar a páxara, pero  pronto recobrou folgos e  recuperouse.No cima ainda habia forzas pa quitar fotos e subirse os cumios dos penedo. A baixada polos eólicos  impresiona  e fíxose nun lóstrego, ata chegar a Niñodaguia, onde fixemos a última parada para coller auga, a próxima  parada xa seria a meta en XINZO , con 70 KM  nas pernas.







                             

                                 Pinchar para ver o resto do Reportaxe Fotografico

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada