lunes, 23 de junio de 2014

A Mina das Sombras

Por Jose e Julian
Lobios, 22 de Junio 2014

Partimos da zona dos baños do Rio Caldo, comenzando a ascensión a Serra do Xurés polo vieiro da calzada romana; ascendendo pouco a puco ata chegar perto da fronteira Portuguesa, alí desviamonos a esquerda pra comenzar a verdadeira ruta, percorrido espectacular, polas vistas que do Parque Natural se  ofrecen a cada revolta do camiño; pequenas cascadas, pozas de augas cristalinas e acantilados espectaculares van conformando a paisaxe desta ruta, convertíndose nun regalo para os sentidos.
Por fin chegamos a altura da mina, pero dende alí ata alcanzala ainda había que sufrir un pouco mais, os grandes momentos precisan de maior esforzo e dedicación...
A Mina das Sombras é un vestixio da actividade industrial que dende a época da 2ª Gran Guerra e ata a década dos setenta, se levaba a cabo na zona de Lobios, as minas están abandoadas pero ainda conservan os restos das edificacións e da maquinaria que se utilizaba na actividade extractiva do Wolframio.
O camiño que nos vai levar ata a ubicación da mina, nos últimos km está totalmente impracticable, as pedras que o forman, son un atranco para calquer tipo de vehículo, ainda que este sexa unha bicicleta, subimos andando e gracias o esforzo, conquerimos unha preciosa estampa da actividade que alí se realizaba, admiramos a  dureza da laboura de aqueles homes, que se ganaban a vida con extraordinario esforzo.
Despois de descender das minas, calzamos as zapatillas de pedalear, e voltamos a toda  presa caro os baños, dandonos un reconfortante chapuzon nas augas termais, para acercarnos a continuación o Cubano de Lobios onde, xunto coa familia demos conta dun espectacular churrasco.













No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada