lunes, 12 de noviembre de 2018

Ruta Magosto 2018

Ruta Magosto 2018

Domingo 11 de Noviembre de 2018

Unha mañan caralluda…. para durmir porque non valía para outra cousa… en cambio, varios componentes do BttNocelo decidiron levar a cabo a tradicional ruta do Magosto, rutiña pola zona con xantar a base de churrasco despois para repoñer forzas. A ruta estaba xa planificada dende hai tempo polo que non podíamos botarnos atrás, polo que, facendo caso omiso de todalas prediccións meteorolóxicas que marcaban un 100% de choiva durante todo o día, ali nos plantamos as 8.30 da maña no Bar Vidal de Trasmiras para tomar cafeciño e arrancar… Ali nos fomos xuntando: Paco, Vallejo, Mingos, Pepe, Xosé, Gabriel, Jose Manuel,Miguel, Camilo e Javi e, aproveitando un momentiño que parou de chover, puxemos rumbo ó monte. Esta ruta iba servir tamen para marcar a Ruta Corta do Cocido 2019 que xa andamos argallando e da que pronto teredes noticias…
Cinco minutos despois de sair empezou a chover e xa non parou en todo o día! Por momentos chovía menos, outros chovía mais pero sempre chovía… ainda que algún non puxo o chuvasqueiro ata ven entrada a maña. O terreno estaba bastante pesado pero a temperatura era bastante boa ainda que a medida que iba pasando a maña nas baixadas xa empezaba a facer fresquiño, asique case que agradecíamos cando nos puñamos a subir. Ainda asi os novos camiños que descubrimos eran espectaculares e por momentos nos facían olvidar a que estaba caíndo. Algun tamen aproveitou para recoller algún que outro boletus. A ruta transcorreu sen incidencias, todos xuntos, sen presas pero sin pausas porque senon enfriaban as pernas, moitas risas a pesar de todo pero todos con ganas de chegar de volta porque aquello parecía o diluvio universal.
O final 40 kms en pouco mais de 3 horas e chegamos a meta. Menos mal que o pabellón de Trasmiras tiña as suas duchas a nosa disposición con auga quente que nos deixou coma novos. Logo xa nos fomos para a Parrillada Sport onde nos esperaban as parellas, que esta vez, sí estaban invitadas. Os camareiros empezaron a encher a mesa de proteína para recuperar os músculos  e de bebidas isotónicas e empezou a festa! Fora seguía chovendo pero os Nocelos xa staban ó acollido, agora si que non había fame, nin frio… Así ata ben entrada a tarde botando unhas risadas entre bocado e bocado e disfrutando coma sempre dun día de Btt entre amigos…
Atentos todos que se acerca a Ruta do Cocido, con percorrido totalmente novo que non defraudará…

Vémonos no monte…













No hay comentarios:

Publicar un comentario