lunes, 22 de octubre de 2018

I XUNTANZA BIKERS DA LIMIA




Domingo, 21 de octubre de 2018.
Día para enmarcar dentro da historia do btt na comarca da Limia. Empezou como unha charla nun bar entre dous bikers de distintos clubes que falaban de xuntarnos un día todos e ir de ruta e logo ir comer un churrasquiño… Por suposto a idea gustou dentro do noso clube e comezou o “boca a boca” e, un par de meses mais tarde, ali estábamos na Praza Maior de Xinzo, case 70 amigos para pasar un día de bici. BttNocelo, As Raposas da Limia, BttLimia, Os Tábanos da Limia, etc… e incluso Mari Carmen, J. L, Jesús é David do BttVerin que se desplazaron dende o Val de Monterrey para acompañarnos neste día así como os nosos amigos de Bicicletas Gil de Ourense…
Casi as 10 da mañan arrancamos polas calles de Xinzo con dirección ó monte, ningunha señalización, ningunha organización, sin cronometraxe, sin premio para o máis rápido… simplemente o placer de rodar en compañía de amigos e coñecidos, todos xuntos, charlando, quitando fotos, rindo, sin prisas, disfrutando da natureza… a quen non lle gusta eso??  Por salidas de este tipo e como a maioría de nos lle entrou o gusanillo da bici e que, desgraciadamente, se está perdendo por querer estar sempre “adiante”, competindo contra nos e contra os demais con ansia de mellorar e querer ir mais rápido pero por unha vez deixamos atrás todo esto e salimos en grupo solamente a andar en bici…
Logo de llanear un bo anaco polas pistas deixamos atrás a chaira Limia para subir hacia os montes de Nocelo e Escornabois, que xa todos coñecemos das rutas do Cocido, buscando sempre sendeiros e camiños antigos que é o que realmente nos gusta, incluso algún sitio para mollar os pés como non… Asi chegamos ó Carreiro Ladrón, sempre reagrupándonos nos cruces mais complicados para que ninguén se quedase atrás, baixamos logo ata a Aldea Rural de Couso Galan onde nos esperaba un bo avituallamento con plátanos, naranxas, sanwiches… por cortesía da casa,(motas gracias amigo Mario), por suposto todo ben regado ca bebida isotónica por autonomasia de todo biker… A Estrella Galicia ben fría… e, para os mais pros, incluso a 1906… Alí xa aproveitamos para conocernos mais ou menos todos e falar por aquí e por alí facendo piña, xa non eramos Nocelos nin Raposas nin nada… eramos todos Bikers da Limia!
Era momento de volver coller as bicis, foto de rigor na Aldea e baixando cara a Limia outra vez. Día precioso por certo que coincidiu ca apertura da caza na comarca aunque non tivemos ningunha incidencia nese aspecto… Volvemos o llano xa rodando un pouco mais rápido para logo ainda subir polo monte de Baronzás e facer as últimas trialeras e carrouchos antes de chegar a Xinzo con 50kms nas pernas, duchas no Pabellón de deportes para todo aquel que quixese e logo esperábanos un bo xantar a base de churrasco no Rancho Grande, todo amenizado polo biker mais cantante da Limia, o noso querido amigo Carballal. Unha boa enchenta, unha boas risas e canteríos foron o broche final a un auténtico día de Btt no que todos gañamos e todos chegamos primeiros e sobre todo, todos, todos disfrutamos…
Quen sabe se esto solo é o comezo dun clube único onde non hai colores, nin nomes, nin rápidos, nin lentos, onde todos teñen cabida, onde solo necesitas unha bici e ganas de pedalear…

No hay comentarios:

Publicar un comentario