domingo, 16 de octubre de 2011

II KDD de Laza

Era esta vez unha cita ineludible pola súa beleza, a zona de Laza nunca defrauda, levantámonos cedo, uns máis ca outros. No punto de encontro en Xinzo ás 7,45 estabamos todos, fomos a buscar a Valerio, é dalí partimos rumbo a Laza, desta vez eramos 4 roteiros: Valerio, Poldo, José e Julian. Chegamos a Laza; alí estaban os esforzados da ruta de outros lados, en total eramos uns 100. As bicicletas a punto, o tempo ainda que algo fresco aquela hora; prometía un bó día.

domingo, 2 de octubre de 2011

Ruta de Allariz

Nova ruta do grupo, esta vez  eramos sete os membros; dirixindonos caras  terras de Allariz saimos de Xinzo a eso das 9 da mañá, e despois de llanear pola zona da Laguna, fomonos cara Vilar de Santos donde comezava o sufrimento, subimos polo camiño que leva a Cerredelo , e dalí encamiñamonos a Laioso, non sin o primeiro pinchazo do día, en Laioso paramonos na fonte para repoñer auga e as forzas.

domingo, 25 de septiembre de 2011

Ruta de Paradiña


Paradiña e un pobo do Concello de Monterrei que leva abandoado dende fai unhes 40 anos, a última moradora tiña certas dotes de curandeira é parece ser que dandolle unhas fregas coa auga da fonte que alí mana debaixo da ponte, os nenos curabanse do tarangaño; "Fonte dos tres rios" onde confluyen tres regatos, de ahi o seu nome.
Paradiña ainda que politicamente pertenece o concello de Monterrei, forma parte da parroquia de Rebordondo no concello de Cualedro.

domingo, 11 de septiembre de 2011

Ruta do Marroqui


Comezamos a ruta na estacion de Prado-Alberguería, tres bikers JULIAN,VALERIO, PEPE, deixamos o coche, e dende alí empezamos  a  ruta camiño de Tamicelas, Laza, donde collemos  provisions, saindo do pobo de Laza, enlazamos co camiño da prata, que transcurre entre piñeiros, castiñeiros, e  un pobo fermosisimo que se chama as "Eiras", donde fixemos paradiña,  aproveitamos par repoñer forzas e saudar algun peregrino que estaba facendo o camiño de Santiago.