domingo, 11 de marzo de 2012

Ruta Laza Marroqui Laza

Soa o despertador, toca levantarse, o primeiro que facemos é  sacar a man fóra da ventá para ver que tempo vai. Se non soubéramos que estamos no inverno, ninguén o diría,  o ceo está  todo azul e a temperatura ás 9 da mañán  non é fria. Decidimos coller   a equipacion de verán, almorzamos nun abrir e cerrar de ollos, e con puntualidade  Inglesa partimos cara terras de Laza. 

jueves, 26 de enero de 2012

Iª Xuntanza Btt do cocido de Trasmiras

Empezar agradecendo a todolos amigos do Btt que o día 22 de xaneiro quixeron acompañarnos nesta  "nosa primeira experiencia, organizando probas",  foi para nós todo un placer, dende que nacemos como un club; fai agora escasos meses tiñamos gañas de presentarnos en sociedade, e como facía pouco que, recibíramola equipación, pois que mellor ocasión, xa que tíñamolo traxe de ceremonias.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Ruta de Allariz por Penama

Esta era unha ponte para disfrutar do monte, e decidimos sair a unha zona que sabíamos, lles iba a satisfacer a todos. Saimos de Xinzo as 9.30h. un total de 14 roteiros, dos grupos BttVerin; Btt Os Xabatos e unha nutrida representación de BttNocelo; despois dun paseo pola Lagoa, deseguida chegamos a Vilar de Santos o día ainda que fresco estaba perfecto para rodar.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Paseo a Raiña Loba

Eran as 9 h. cando partimos, é ainda que o día amañecía con perspectivas moi boas, a maña era fria coma o demo, cortaba a pel; as veiras do camiño conservaban a xeada da noite; pronto empezou a quecer o sol e a roupa semellaba sobrar, estabamos chegando a Mosteiro onde nos sairon a saudar unhes xabaris que se preguntarian; a onde iban ises tolos aquelas horas.